Contacto
 Agreganos a favoritos
 Haznos tu pagina de inicio
 
 

Visitas


Menu
home.gif PRINCIPAL
petitrond.gif BIBLIOTECA
petitrond.gif CARTOGRAFÍA
petitrond.gif CONTACTO
petitrond.gif IMÁGENES
petitrond.gif VIDEOS
petitrond.gif SECCIONES
petitrond.gif FOTOGRAFIAS
petitrond.gif Preguntas
petitrond.gif Sobre mi
petitrond.gif Librería Virtual
petitrond.gif Castros de Lugo
petitrond.gif Castros do Corgo
petitrond.gif Xacementos Xermade
petitrond.gif Xacementos Condado Pallares
som_themes.gif HISTORIA DA ARTE Antiguo-Medieval
som_themes.gif Arte Moderno
som_themes.gif Arte Contemporáneo
som_themes.gif TESTS de ARTE
som_themes.gif TEMAS de ARTE
som_themes.gif VOCABULARIO
hd_web.gif CARTOGRAFIA
petitrond.gif Megalitismo
petitrond.gif Pecios
petitrond.gif Plano Lugo
petitrond.gif C. Primitivo
petitrond.gif I. Bizantino
petitrond.gif Santiago catedral
network.gif MONUMENTOS
petitrond.gif Pórtico de la Gloria Nuevo contenido
petitrond.gif Capilla Sixtina
mail.gif NOTICIAS
petitrond.gif Temas
petitrond.gif Enviar
petitrond.gif Archivo
petitrond.gif Impresión
· BLOG




Sentencias
La muerte est tan segura de su victoria,que nos da toda la vida de ventaja.
- Probervio chino


Efemerides
No existen efemérides para hoy

Agregar Efeméride


Tienes que visitarlas...
Enlaces en total:
Categorías: 2
Visitados en total:

Ultimos Enlaces
· 1: Lvcvs Avgvsti
[Visitas: 33020]

· 2: A Ulloa en Fotos
[Visitas: 33700]

· 3: Concello de Baralla
[Visitas: 33392]

· 4: A.C. Arumes do Corgo
[Visitas: 33455]

· 5: Terras de Friol
[Visitas: 40256]


Lo más visitado
· 1: Terras de Friol
[Visitas: 40256]

· 2: A Ulloa en Fotos
[Visitas: 33700]

· 3: A.C. Arumes do Corgo
[Visitas: 33455]

· 4: Concello de Baralla
[Visitas: 33392]

· 5: Lvcvs Avgvsti
[Visitas: 33020]



Cultura no Camiño achegará actuacións a 93 concellos xacobeos

Xoel López, Talía Teatro, Teatro do Atlántico ou Malasombra son algúns dos 138 grupos e artistas incluídos nesta ampla carteleira

O ciclo, enmarcado na conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela, desenvolverase do 15 de abril ao 30 de setembro

Na súa terceira edición, o programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela despregará unha carteleira de 316 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 138 formacións artísticas galegas. Neste sentido, articúlase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Cun orzamento superior aos 500.000 euros, na organización deste programa participan a Xunta de Galicia –a través de Turismo de Galicia e da Agadic– e os 93 concellos inscritos, que asumen unha parte dos cachés artísticos. Vólvese contar, ademais, co patrocinio de Gadis, cuxo director de Marketing, Antonio Cortés, participou tamén na presentación desta nova entrega de ‘Cultura no Camiño’.



Desestacionalización 
Durante a súa intervención na presentación, a directora de Turismo de Galicia, Navia Castro, resaltou que o Camiño de Santiago continúa a ser un fenómeno plenamente actual e converteuse nun símbolo de identidade, un elemento desestacionalizador e captador de turismo internacional que posiciona Galicia como marca e como destino diferencial.

Así mesmo, a responsable de Turismo da Xunta sinalou que as actuacións de conservación, mantemento e promoción da Ruta Xacobea son fundamentais para a súa difusión e para incrementar o valor engadido da experiencia de ser peregrino en Galicia. Neste senso, Nava Castro afirmou que ‘Cultura no Camiño’ incrementará un ano máis a vertente cultural desta experiencia única, sumando un importante atractivo adicional para peregrinos e visitantes.

Escolma da produción galega
Pola súa banda, o director da Agadic, Jacobo Sutil, incidiu na implicación dos concellos na posta en marcha desta iniciativa, que se desenvolve como complemento á súa oferta habitual. Subliñou tamén que o programa ofrece unha destacada escolma da actual produción escénica e musical galega con nomes como Xoel López, Talía Teatro, Teatro do Atlántico ou Malasombra, citando tan só algún dos 138 grupos e artistas incluídos nesta ampla carteleira. Serán, en total, 138 representacións de teatro e danza, 80 actuacións musicais, 55 de maxia e 43 de novo circo.

En canto á distribución territorial da actividade, ‘Cultura no Camiño’ foi ampliando progresivamente o número de concellos implicados desde a súa primeira edición, celebrada na segunda metade de 2013. Todos os municipios participantes están situados nalgunha das rutas de peregrinación polas que discorre o Camiño de Santiago en Galicia: Camiño Francés, Camiño de Fisterra-Muxía, Camiño Inglés, Camiño Portugués, Camiño de Inverno, Ruta Xacobea do Mar de Arousa-Río Ulla, Camiño Primitivo, Camiño do Norte e Vía da Prata.

Por provincias, 34 concellos coruñeses acollerán 111 actuacións; en Lugo, 21 concellos ofrecerán 70 espectáculos; 15 concellos de Ourense porán ao dispor do público 60 funcións; e en Pontevedra, 23 concellos programarán un total de 75 representacións.

O calendario de actuacións estará dispoñible para a súa consulta no web da Agadic (www.agadic.info/Axenda), así como na sección de axenda da páxina de Cultura da Xunta de Galicia (http://cultura.xunta.es/gl/axenda).

Enviado el mircoles, 01 de abril a las 17:18:29 por admin






Sin Comentarios
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrese por favor
 
Enlaces Relacionados
 Más Acerca de
 Noticias de admin


Noticia más leída sobre :
Presentación do libro: A LINAXE FIDALGA DOS RAÑA de Novo Cazón



Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 1
votos: 6


Por favor quédate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo




Opciones

 Versión Imprimible  Versión Imprimible

 Enviar a un Amigo  Enviar a un Amigo



Panel
Web site engine code is Copyright © 2003 by PHP-Nuke. All Rights Reserved. PHP-Nuke is Free Software released under the GNU/GPL license.
Nuke ET Copyright © 2004-2006 por Truzone.