Contacto
 Agreganos a favoritos
 Haznos tu pagina de inicio
 
 

Visitas


Menu
home.gif PRINCIPAL
petitrond.gif BIBLIOTECA
petitrond.gif CARTOGRAFÍA
petitrond.gif CONTACTO
petitrond.gif IMÁGENES
petitrond.gif VIDEOS
petitrond.gif SECCIONES
petitrond.gif FOTOGRAFIAS
petitrond.gif Preguntas
petitrond.gif Sobre mi
petitrond.gif Librería Virtual
petitrond.gif Castros de Lugo
petitrond.gif Castros do Corgo
petitrond.gif Xacementos Xermade
petitrond.gif Xacementos Condado Pallares
som_themes.gif HISTORIA DA ARTE Antiguo-Medieval
som_themes.gif Arte Moderno
som_themes.gif Arte Contemporáneo
som_themes.gif TESTS de ARTE
som_themes.gif TEMAS de ARTE
som_themes.gif VOCABULARIO
hd_web.gif CARTOGRAFIA
petitrond.gif Megalitismo
petitrond.gif Pecios
petitrond.gif Plano Lugo
petitrond.gif C. Primitivo
petitrond.gif I. Bizantino
petitrond.gif Santiago catedral
network.gif MONUMENTOS
petitrond.gif Pórtico de la Gloria Nuevo contenido
petitrond.gif Capilla Sixtina
mail.gif NOTICIAS
petitrond.gif Temas
petitrond.gif Enviar
petitrond.gif Archivo
petitrond.gif Impresión
· BLOG




Sentencias
Escucho y olvido; Veo y recuerdo; Hago y entiendo.
- Tao Te King


Efemerides
No existen efemérides para hoy

Agregar Efeméride


Tienes que visitarlas...
Enlaces en total:
Categorías: 2
Visitados en total:

Ultimos Enlaces
· 1: Lvcvs Avgvsti
[Visitas: 33020]

· 2: A Ulloa en Fotos
[Visitas: 33700]

· 3: Concello de Baralla
[Visitas: 33392]

· 4: A.C. Arumes do Corgo
[Visitas: 33455]

· 5: Terras de Friol
[Visitas: 40256]


Lo más visitado
· 1: Terras de Friol
[Visitas: 40256]

· 2: A Ulloa en Fotos
[Visitas: 33700]

· 3: A.C. Arumes do Corgo
[Visitas: 33455]

· 4: Concello de Baralla
[Visitas: 33392]

· 5: Lvcvs Avgvsti
[Visitas: 33020]



O ciclo Monumenta difunde o valor artístico do Mosteiro de Armenteira
O programa busca dar a coñecer elementos clave do noso patrimonio cultural recentemente restaurados a través da celebración nestes espazos de diferentes actividades culturais.
Armenteira A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria contribúe á difusión dos valores históricos e artísticos do Mosteiro de Armenteira (en Meis) a través dunha nova cita do ciclo ‘Monumenta: difusión do patrimonio restaurado’, programa de dinamización artística en espazos de interese patrimonial recentemente restaurados ou nos que están previstas actuacións de recuperación.

Despois do investimento de máis de 320.000 euros realizado pola Consellería neste conxunto, o Monumenta programa para esta tarde un obradoiro – sobre as intervencións das fachadas das igrexas- dirixido ás familias con posterior visita guiada ao conxunto arquitectónico de Armenteira. En concreto o departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad, está a realizar traballos para a recuperación da fonte do mosteiro, así como obras de limpeza e restauración de fachadas, de substitución e restauración das carpinterías -incluídos vidros de protección interior para o rosetón da fachada- e de reparación do pavimento interior. O programa de melloras inclúe, así mesmo, o soterramento da acometida eléctrica, a construción dunha rampla lateral que facilite o acceso de discapacitados ao interior, así como a drenaxe e pavimento do adro co obxectivo mellorar as súas condicións de conservación.

Tras a actividade dirixida ás familias, e xa coa asistencia da directora xeral do Patrimonio Cultural, María Carmen Martínez Insua; Armenteira acollerá o ‘Noticiario Fol 1932’, un espectáculo que arranca coa proxección do filme histórico recuperado en 2012 por aCentral Folque e o CGAI, que se acompaña de música ao vivo –especialmente composta para a ocasión–do grupo Comisa Bal. A introdución histórica correrá a cargo de Ramom Pinheiro e Martin Pawley, que falarán sobre o cinema e a música nos anos 30 e, en especial, sobre a aparición do Mosteiro neste fita. A continuación a contadora e cantante Charo Pita deleitará aos asistentes cunha sesión de contacontos.

Achegar á cidadanía ao patrimonio recuperado

Ata o vindeiro 8 de decembro Monumenta promove o achegamento da cidadanía ao patrimonio galego recuperado. Concertos, obradoiros, visitas guiadas e faladoiros conforman a programación deste ciclo, que lles permitirán aos participantes apreciar o laborioso traballo de recuperación e de conservación levado a cabo nos bens patrimoniais nos que se celebra o ciclo e coñecer o valor dos monumentos, contando para elo coa participación de artistas e formacións musicais de referencia en Galicia, así como de músicos e entidades locais vinculados cos diferentes lugares nos que se realiza o ciclo.

Así, ofrécense actuacións de recoñecidos artistas e de formacións musicais vinculadas cos propios lugares nos que se desenvolve o ciclo. Este apartado musical inclúe os concertos de Rosa Cedrón, de Pedro Lamas e Xosé Lois Romero, de María do Ceo, do Grupo 1500, de S@X21, da Rondalla Alfaia de Cenlle, da Coral Polifónica de Chantada e dun cuarteto de corda do Conservatorio de Vigo, en homenaxe a Ángel Barja Iglesias.

O ciclo tamén conta coa participación do xornalista, músico e escritor Xurxo Souto, coa proxección do filme histórico Noticieiro Folk 1932, coa contadora e cantante Charo Pita e cunha performance musical e poética de UgMOV, con Ugia Pedreira e Marina Oural Villapol. O teatro de rúa tamén estará presente cunha recreación histórica a cargo do grupo Os Quinquilláns.

Obradoiros nos que as familias terá oportunidade de coñecer a arquitectura dos monumentos e o proceso de restauración dos bens, faladoiros cos veciños e veciñas do lugar para aprender, compartir e ampliar coñecementos, visitas guiadas e paseos sonoros completan a programación deste ciclo que promove a Consellería co obxectivo de difundir o interese e o aprecio polo patrimonio cultural galego.

O ciclo percorre as catro provincias galegas. Tras as actividades realizadas no claustro da catedral de Santa María en Tui, no santuario da Angustia en Betanzos, na igrexa de San Miguel de Osmo en Cenlle, na igrexa de Santa María de Nogueira de Miño en Chantada e na igrexa do mosteiro de Santa María de Armenteira en Meis; continuará a súa andaina no mosteiro de San Xusto de Toxos Outos en Lousame (día 30). En decembro desenvolverase na igrexa do mosteiro de San Salvador de Vilanova de Lourenzá (día 1), na do mosteiro de San Clodio en Leiro (día 24), na igrexa de Santa Cruz de Terroso en Vilardevós (día 7) e na de San Pedro de Moreiras en Toén (día 8)
Enviado el jueves, 28 de noviembre a las 21:44:16 por admin






Sin Comentarios
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrese por favor
 
Enlaces Relacionados
 Más Acerca de
 Noticias de admin


Noticia más leída sobre :
II Exposición de traballos do Centro de estudos do Corgo



Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 1
votos: 6


Por favor quédate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo




Opciones

 Versión Imprimible  Versión Imprimible

 Enviar a un Amigo  Enviar a un Amigo



Panel
Web site engine code is Copyright © 2003 by PHP-Nuke. All Rights Reserved. PHP-Nuke is Free Software released under the GNU/GPL license.
Nuke ET Copyright © 2004-2006 por Truzone.