Contacto
 Agreganos a favoritos
 Haznos tu pagina de inicio
 
 

Visitas


Menu
home.gif PRINCIPAL
petitrond.gif BIBLIOTECA
petitrond.gif CARTOGRAFÍA
petitrond.gif CONTACTO
petitrond.gif IMÁGENES
petitrond.gif VIDEOS
petitrond.gif SECCIONES
petitrond.gif FOTOGRAFIAS
petitrond.gif Preguntas
petitrond.gif Sobre mi
petitrond.gif Librería Virtual
petitrond.gif Castros de Lugo
petitrond.gif Castros do Corgo
petitrond.gif Xacementos Xermade
petitrond.gif Xacementos Condado Pallares
som_themes.gif HISTORIA DA ARTE Antiguo-Medieval
som_themes.gif Arte Moderno
som_themes.gif Arte Contemporáneo
som_themes.gif TESTS de ARTE
som_themes.gif TEMAS de ARTE
som_themes.gif VOCABULARIO
hd_web.gif CARTOGRAFIA
petitrond.gif Megalitismo
petitrond.gif Pecios
petitrond.gif Plano Lugo
petitrond.gif C. Primitivo
petitrond.gif I. Bizantino
petitrond.gif Santiago catedral
network.gif MONUMENTOS
petitrond.gif Pórtico de la Gloria Nuevo contenido
petitrond.gif Capilla Sixtina
mail.gif NOTICIAS
petitrond.gif Temas
petitrond.gif Enviar
petitrond.gif Archivo
petitrond.gif Impresión
· BLOG




Sentencias
Un egosta es aquel sujeto que se empea en hablarte de s mismo cuando t ests murindote de ganas por hablarle de ti
- Jean Cocteau


Efemerides
No existen efemérides para hoy

Agregar Efeméride


Tienes que visitarlas...
Enlaces en total:
Categorías: 2
Visitados en total:

Ultimos Enlaces
· 1: Lvcvs Avgvsti
[Visitas: 33020]

· 2: A Ulloa en Fotos
[Visitas: 33700]

· 3: Concello de Baralla
[Visitas: 33392]

· 4: A.C. Arumes do Corgo
[Visitas: 33455]

· 5: Terras de Friol
[Visitas: 40256]


Lo más visitado
· 1: Terras de Friol
[Visitas: 40256]

· 2: A Ulloa en Fotos
[Visitas: 33700]

· 3: A.C. Arumes do Corgo
[Visitas: 33455]

· 4: Concello de Baralla
[Visitas: 33392]

· 5: Lvcvs Avgvsti
[Visitas: 33020]



Os Amigos do Camiño de Santiago de El Bierzo recibe o XVII Premio Elias Valiña
O xurado recoñeceu o labor de hospitalidade da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de El Bierzo, que durante máis de dúas décadas leva xestionando varios albergues de peregrinos e puntos de información. Ademais, esta asociación organiza periodicamente asembleas, congresos e conferencias para difundir a cultura xacobea, así como realizaron varias publicacións e traballos de recuperación de bens patrimoniais.

A esta XVII edición presentáronse oito candidaturas que se esforzaron por plasmar os moitos méritos do labor altruísta de conservación, recuperación, divulgación e investigación en torno á ruta xacobea. O premio, moi apreciado polo seu simbolismo no campo da dinamización asociativa xacobea, ascende a 10.000 euros, ao igual que as edicións anteriores. Nas últimas catro edicións gañaron asociacións estranxeiras, procedentes de Gran Bretaña, Francia, Alemaña e Bélxica. Nestas ocasión optaron unicamente asociacións españolas, todas elas cunha recoñecida traxectoria a prol dos valores da peregrinación.

Asemade, o xurado distinguiu cunha mención especial a Jeannine Warcollier, traballadora da Asociación Francesa de Amigos de Santiago de Compostela, "polo seu infatigable traballo á sombra ao servizo do Camiño de Santiago durante varias décadas". Tras o fallo do premio, entregáronse tamén os diplomas aos galardoados na edición de 2011, á asociación flamenca Vlaams Genootschap van Santiago de Compostela e ao sacerdote cántabro Ernesto Bustío Crespo.

Xurado dos premios

O xurado dos premios estivo presidido polo director xeral do Patrimonio Cultural, José Manuel Rey Pichel, e composto pola subdirectora xeral de Protección do Patrimonio Cultural, María Diz; o xefe de servizo de Protección e Fomento de Patrimonio, Antonio Díaz; o presidente do Comité Internacional de Expertos del Camiño de Santiago, Paolo Caucci; o doutor en Historia do Arte e profesor da USC, Angel Sicart; e o membro do Comité Asesor do Camiño de Santiago e experto investigador de temas xacobeos; Antón Pombo.

Ademais, tamén formaron parte deste xurado o representante da asociación flamenca Vlaams Genootschap van Santiago de Compostela (gañadora da última edición), Freddy Du Seuil; o presidente da Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, Javier Sánchez-Agustino; a presidenta Asociación Cultural Camiños de Santiago pola Ribeira Sacra, Aida Menéndez; a presidenta da Cofradía del Apóstol Santiago da Coruña, Alejandra Álvarez de Mon Rego; e o presidente da Asociación de Amigos del Camino de Santiago en Cartagena, José Hernández García.
Enviado el viernes, 28 de septiembre a las 18:00:51 por admin






Sin Comentarios
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrese por favor
 
Enlaces Relacionados
 Más Acerca de
 Noticias de admin


Noticia más leída sobre :
II Exposición de traballos do Centro de estudos do Corgo



Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor quédate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo




Opciones

 Versión Imprimible  Versión Imprimible

 Enviar a un Amigo  Enviar a un Amigo



Panel
Web site engine code is Copyright © 2003 by PHP-Nuke. All Rights Reserved. PHP-Nuke is Free Software released under the GNU/GPL license.
Nuke ET Copyright © 2004-2006 por Truzone.