Contacto
 Agreganos a favoritos
 Haznos tu pagina de inicio
 
 

Visitas


Menu
home.gif PRINCIPAL
petitrond.gif BIBLIOTECA
petitrond.gif CARTOGRAFÍA
petitrond.gif CONTACTO
petitrond.gif IMÁGENES
petitrond.gif VIDEOS
petitrond.gif SECCIONES
petitrond.gif FOTOGRAFIAS
petitrond.gif Preguntas
petitrond.gif Sobre mi
petitrond.gif Librería Virtual
petitrond.gif Castros de Lugo
petitrond.gif Castros do Corgo
petitrond.gif Xacementos Xermade
petitrond.gif Xacementos Condado Pallares
som_themes.gif HISTORIA DA ARTE Antiguo-Medieval
som_themes.gif Arte Moderno
som_themes.gif Arte Contemporáneo
som_themes.gif TESTS de ARTE
som_themes.gif TEMAS de ARTE
som_themes.gif VOCABULARIO
hd_web.gif CARTOGRAFIA
petitrond.gif Megalitismo
petitrond.gif Pecios
petitrond.gif Plano Lugo
petitrond.gif C. Primitivo
petitrond.gif I. Bizantino
petitrond.gif Santiago catedral
network.gif MONUMENTOS
petitrond.gif Pórtico de la Gloria Nuevo contenido
petitrond.gif Capilla Sixtina
mail.gif NOTICIAS
petitrond.gif Temas
petitrond.gif Enviar
petitrond.gif Archivo
petitrond.gif Impresión
· BLOG




Sentencias
La belleza es un signo de buenas y dulces costumbres, como una hermosa flor lo es de un fruto bueno y bello.
         Brantóme


Efemerides
No existen efemérides para hoy

Agregar Efeméride


Tienes que visitarlas...
Enlaces en total:
Categorías: 2
Visitados en total:

Ultimos Enlaces
· 1: Lvcvs Avgvsti
[Visitas: 33020]

· 2: A Ulloa en Fotos
[Visitas: 33700]

· 3: Concello de Baralla
[Visitas: 33392]

· 4: A.C. Arumes do Corgo
[Visitas: 33455]

· 5: Terras de Friol
[Visitas: 40256]


Lo más visitado
· 1: Terras de Friol
[Visitas: 40256]

· 2: A Ulloa en Fotos
[Visitas: 33700]

· 3: A.C. Arumes do Corgo
[Visitas: 33455]

· 4: Concello de Baralla
[Visitas: 33392]

· 5: Lvcvs Avgvsti
[Visitas: 33020]



O CAMIÑO FRANCÉS ACADA A SÚA DELIMITACIÓN OFICIAL
A Xunta aprobou recentemente a delimitación do Camiño Francés, que establece o trazado da principal ruta xacobea.

O decreto que define o trazado definitivo do Camiño Francés, fixa os límites do territorio histórico que conforma este Ben de Interese Cultural e determina o seu ámbito de influencia.

A xestión do territorio articúlase así nunha gradiante de intensidades valoradas en detalle e cun réxime de particular incidencia protectora nos primeiros 30 metros, unha protección como BIC do territorio histórico e un ámbito de respecto que, conforme aos últimos criterios das políticas da paisaxe e tratamento sustentable dos espazos, permitirá unha permeabilización e consideración axeitada das obras, actividades e intervencións a realizar. Déixase atrás unha protección lineal, provisioria e indiferenciada e se desenvolve un entendemento do territorio con parámetros que conxugan protección, recuperación e dinamización.
A Xunta de Galicia define este ámbito secundario de influencia, merecente dunha protección medioambiental adicional á do sitio principal, na liña do recollido nas Directrices Operativas do 2008 para a aplicación da Convención sobre a protección de Patrimonio Mundial Cultural e Natural de 1972, ratificada por España. Deste xeito, a Xunta de Galicia recoñece o amplo valor cultural desta vía de peregrinación a Santiago e preserva a relación harmónica do Camiño coa paisaxe, mantendo a relación ambiental co espazo do que resulta inseparable. A nova delimitación axusta o ámbito de protección ás necesidades concretas de protección do Camiño Francés, determinando criterios axeitados para mellorar a xestión da Ruta Xacobea e dinamizar a tramitación dos expedientes de autorización de obras neste territorio. O axuste dos ámbitos de protección ao territorio realmente afectado permitirá así graduar e intensificar a eficacia na posta en valor do Camiño de Santiago e o seu contorno. Neste sentido, a aprobación da delimitación posibilita iniciar agora a formulación do Plan Especial do Camiño Francés, tamén previsto na Lei 3/96 de protección dos Camiños de Santiago.

Patrimonio da Humanidade e Itinerario Cultural Europeo
A Xunta de Galicia considera que a aprobación da delimitación definitiva do Camiño Francés permitirá incrementar a valoración da Ruta Xacobea como elemento vertebrador do territorio e do paraxe histórico e servirá para impulsar a súa relevancia histórica, avalada co recoñecemento en 1962 como Ben de Interese Cultural, Patrimonio da Humanidade en 1993 e Primeiro Itinerario Cultural Europeo no ano 1997. Consciente da súa importancia, a Xunta de Galicia procurou a maior colaboración posible cos axentes implicados na protección do BIC. Neste sentido, o expediente de delimitación conta co informe favorable das Comisións de Patrimonio Histórico da Coruña e Lugo, do Consello da Cultura Galega, da Universidade de Santiago de Compostela e da Real Academia de Belas Artes. O expediente foi contrastado ademais con todos os concellos afectados, a Asociación Galega de Amigos do Camiño, o Ministerio de Cultura e o Comité Español do Consello Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS España).

Descrición literal
A delimitación do Camiño Francés afecta a un total de 11 concellos das provincias da Coruña e Lugo. Abarca desde a entrada no municipio de Pedrafita do Cebreiro ata o termo municipal do Pino, con límite no lugar de Amenal. No caso do Concello de Santiago, a Xunta e Galicia optou ademais por un tratamento singular e integral do seu territorio ao ser o punto de chegada de todas as Rutas Xacobeas. Deste xeito, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural iniciou un estudo específico sobre a incidencia integral das diferentes rutas xacobeas no territorio do concello e o seu planeamento urbanístico, ao efecto de determinar a conveniencia de incoar un procedemento de delimitación conxunto.

De acordo co disposto no Decreto 227/2011, do 2 de decembro, polo que se aproba a delimitación da ruta principal do Camiño de Santiago, Camiño Francés, dende a entrada no municipio de Pedrafita ata o lugar de Amenal, en O Pino, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural pon a disposición da sociedade en xeral no apartado Delimitación oficial do Camiño Francés os documentos completos vinculados a esa delimitación, e facilita os datos de información xeográfica aos axentes implicados na toma de decisións territoriais neste ámbito.
Enviado el jueves, 24 de mayo a las 19:07:06 por admin






Sin Comentarios
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrese por favor
 
Enlaces Relacionados
 Más Acerca de
 Noticias de admin


Noticia más leída sobre :
II Exposición de traballos do Centro de estudos do Corgo



Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 1
votos: 1


Por favor quédate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo




Opciones

 Versión Imprimible  Versión Imprimible

 Enviar a un Amigo  Enviar a un Amigo



Panel
Web site engine code is Copyright © 2003 by PHP-Nuke. All Rights Reserved. PHP-Nuke is Free Software released under the GNU/GPL license.
Nuke ET Copyright © 2004-2006 por Truzone.