Paseo polo Camiño Primitivo con Javier Gómez
Fecha lunes, 31 de agosto a las 09:55:21
Tema


O Concello de Lugo ven de poñer en marcha unha serie de visitas guiadas por Javier Gómez para coñecer a riqueza cultural e patrimonial de Lugo e que estarán operativas ata o vindeiro 26 de setembro tódolos venres e sábados ás 18:30.
Seguindo o Camiño Primitivo, turistas e visitantes chegados de toda España descobren estes días a riqueza cultural e patrimonial de Lugo. Ademais da ruta xacobea, a muralla e a catedral lucense son tamén paradas obrigadas nas visitas guiadas que nos descobren a historia milenaria da cidade.

O centro de interpretación do Camiño Primitivo é o punto de partida dos 37 romeiros, lucenses e visitantes que esta tarde queren descubrir a historia da primeria peregrinación que se fixo á tumba do Apóstolo Santiago. "Tiña gañas de coñecer Lugo pola muralla e vela in situ e non só na tele e nas fotos". "Interesábanos coñecer esta zona máis en profundidade", aseguran dúas das asitentes a esta visitas guiadas.

Seguindo os pasos de Alfonso II no ano 813, a visita continúa polo burgo vello da cidade das murallas ata a praza de Santa María para adentrarse na catedral. A gran descoñecida para moitos malia ser recentemente declarada Ben da Humanidade. "Chama moito a atención o interior da catedral así como as anécdotas, restauracións e particularidades que lles contamos da cidade, como unha fonte que bota viño", asegura o guía que dirixe o grupo nesta ocasión.

Chegados de Asturias, Madrid, ou Caracas, tamén son moitos os lucenses que se suman a esta ruta de pouco máis de dúas horas pola cidade e que non deixa indiferente a ninguén. "Pareceume moi interesante saber que existe dende hai tanto tempo, que teña tanta historia e que sigan conservando a muralla dende hai tantos séculos", afirma un dos romeiros. "Incluso para os lucenses chama a atención porque descoñecen certas particularidades da cidade, como o templo de Mitra", asegura Javier Gómez.







Este artículo proviene de Pinceladas de Arte e Historia
http://www.javiergomez.org

La dirección de esta noticia es:
http://www.javiergomez.org/modules.php?name=News&file=article&sid=99