Javier Gómez e Mar Neira gañadores do IX Premio Condado de Pallares
Fecha jueves, 07 de enero a las 21:07:35
Tema




Javier Gómez Vila e María del Mar Neira González recibiron esta tarde o premio do IX Certame de Investigación Condado de Pallares pola obra ‘A cultura castrexa e galaico romana no Condado de Pallares’. O traballo foi galardoado na novena edición desta iniciativa impulsada pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, co apoio da Consellería de Cultura e Educación, que promove a investigación humanística en galego, arredor de ámbitos como a historia, a arte, a arqueoloxía, a antropoloxía, o folclore ou a lingüística.

A Casa de Cultura de Guntín acolleu esta tarde o acto de entrega, durante o que o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, felicitou os autores da obra por “un traballo que os fai merecedores dun destacado galardón da nosa terra no ámbito da investigación” e que “contribúe co estudo e a posta en valor dun legado patrimonial tan valioso como a cultura castrexa e galaico romana”. “Igualmente –dixo– son contribucións importantes as numerosas obras que concorreron ao premio nesta edición”, das que o xurado, conformado por Carlos Baliñas, Gonzalo Francisco Fernández, Fernando Arribas e Xosé Luís Vázquez, destacou a súa “excelente calidade”.

Investigación humanística en galego
A Consellería de Cultura e Educación, a través das secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística, colabora con este premio para favorecer a investigación en galego sobre a arte, a antropoloxía, a lingua ou a etnografía de Galicia a través de estudos que permiten afondar no coñecemento e tamén no recoñecemento dos valores materiais e inmateriais da cultura galega.

Desde a súa creación, este certame premiou traballos realizados sobre diversos ámbitos da cultura galega vinculados aos territorios que no século VI se constituíron baixo o Condado de Pallares e que hoxe abarcaría Taboada, Guntín, Portomarín, Chantada e Carballedo.

Os municipios lucenses de Guntín, Taboada e Chantada; a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Lugo e mais Afundación colaboran na realización deste certame de investigación, que conta cunha dotación económica de 3.000 euros e que inclúe a publicación do traballo gañador.









Este artículo proviene de Pinceladas de Arte e Historia
http://www.javiergomez.org

La dirección de esta noticia es:
http://www.javiergomez.org/modules.php?name=News&file=article&sid=102